Jeltzale

Jeltzale ou jelkide é un termo vasco para referirse á ideoloxía do Partido Nacionalista Vasco e a quen simpatizan con ela, aínda que os seus militantes son chamados jelkides, un termo do mesmo orixe. Jeltzale ocupa no nome vasco do partido, Eusko Alderdi Jeltzalea, o lugar que "nacionalista" ocupa no nome en castelán, aínda que non se trata dunha tradución precisa, posto que jeltzale se emprega exclusivamente en relación ó PNV, mentres que para outros nacionalistas vascos emprégase abertzale.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy