Marinera

Marinera
Orixe musicalZamacueca
Orixe cultural Perú
Instrumentos típicosGuitarra, Charango, Contrabaixo, Arpa, Acordeón, pandeiro, guitarrón, Trompetas
Subxéneros
Marinera limeña
Marinera norteña
Marinera serrana
Marinera segundo Pancho Fierro.

A marinera é un ritmo e un baile de parella solto, o máis coñecido da costa do Perú. O baile representa o asedio amoroso a unha muller por parte dun home e caracterízase polo uso de panos que van trazando figuras no ar mentres se baila, estes son normalmente en forma de oitos (8). Este é un baile mostra do mestizaxe hispano-amerindio-africano, entre outros.

A súa orixe atribúese a un baile colonial chamado zamacueca, que era moi popular no século XIX. De todos os xeitos, existen diversas teorías ou correntes sobre a súa orixe e evolución.

O 30 de xaneiro de 1986, as formas coreográficas e musicais da marinera en todas as súas variantes rexionais foron declaradas Patrimonio cultural da nación peruana polo Instituto Nacional de Cultura do Perú,[1] sendo esta a primeira declaratoria desta orde outorgada polo estado peruano.

  1. Instituto Nacional de Cultura do Perú, ed. (30 de xaneiro de 1986). "Resolución Suprema N°022-86-ED" (pdf). Declaratorias do patrimonio cultural da nación (en español). Ministerio de Cultura do Perú. p. 1. Consultado o 11 de setembro de 2011. [Ligazón morta]

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy